mércores, 23 de febreiro de 2022
SEMENTAMOS PENSAMENTOS
E van xa 185 anos do teu nacemento, Rosalía. Normalizadora coma ninguén e dinamizadora da nosa lingua. A forza da túa palabra entra a miúdo nas nosas aulas. Celebrámoste a diario. Estás nos nosos pensamentos.
Para ti, esta pequena homenaxe do noso alumnado.
Especial agradecemento á profesora Leticia López.
luns, 21 de febreiro de 2022
E TI, QUE LINGUA MAMACHES?
Hoxe celebramos con orgullo o Día Internacional da Lingua Materna. Vemos que por estas terras se mamou moito galego 💜😛🤩👅 #EuMameiGalego
#DILMPoetas
martes, 8 de febreiro de 2022
ITINERARIO DOS SERES MÍTICOS DE GUITIRIZ
No día 1 de febreiro de 2022, o alumnado de 1º e 2º da ESO do noso centro participou nunha actividade organizada conxuntamente polos departamentos de Galego e Portugués co nome Caça de seres míticos, animais fantásticos e outra bicharia. Despois dunha proveitosa xornada escolar, estudantes e docentes aproveitamos o fermoso xardín do instituto para xantar e organizar os grupos de cazadoras e cazadores. Estes, cunha guía de criaturas sobrenaturais e unha serie de pistas sobre como atopalas, encamiñáronse xunto co profesorado a descubrir os lugares de Guitiriz onde se agochan. Co móbil na man, os intrépidos cazadores demostraron a súa afouteza capturando coa cámara o seu rastro, en forma de vocabulario.
Desta maneira, na Praza do Campo da Feira aprendemos como nos defendermos da Compaña; no paseo do río, como gardarnos das garras da María Manta; ou, na rúa do Mercado, como invocar o Cabalo do Pensamento. Nas fotos podedes vernos transitando as rúas de Guitiriz e aprendendo sobre o terreo do noso espazo máis próximo. Como rezaba o cartel da rúa do Mercado: “todo o que imaxinas pode ser real”.
luns, 7 de febreiro de 2022
BOTA A LINGUA A PACER!
Hoxe celebramos o día do galego nos medios e, sobre todo, dos medios en galego.
Estes últimos os verdadeiros normalizadores da nosa lingua nese ámbito. Usar a
lingua nos medios unha vez ao ano non só non normaliza senón que ten máis
parecido cun ritual de levar flores a un cemiterio. No noso IES apoiamos os
medios en lingua galega e dinamizamos o seu uso por parte do alumnado (e tamén
do profesorado!).
Se consomes máis en galego haberá máis oferta en galego. Depende de ti!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Mencía Rodríguez, recoñecida coa Mención de Honra no concurso "Rosalía sempre Viva"
A nosa alumna Mencía Rodríguez, de 4º ESO, foi recoñecida coa Mención de Honra no concurso de recitado "Rosalía sempre Viva", que ...
-
A nosa alumna Mencía Rodríguez, de 4º ESO, foi recoñecida coa Mención de Honra no concurso de recitado "Rosalía sempre Viva", que ...
-
As palabras teñen un poder infinito, chegan ao corazón, e así o demostraron o pasado 22 de marzo os nosos estudantes Mencía Rodríguez, de 4º...
-
Aproxímase o día das nosas Letras e no IES andamos a tope creando e -por que non- recreándonos! Quen anda por aquí xa sabe que isto non o fa...