mércores, 10 de xuño de 2026

Froitos da colaboración!

 Froitos da colaboración! IX Festa da Torta de Millo

O primeiro domingo do mes de xuño celebrouse a IX edición da Festa da Torta de Millo de Guitiriz. 

Un ano máis, a colaboración entre a Biblioteca municipal e os centros de ensino do concello guitiricense fíxose palpable a través de diversidade de actividades, entre elas, e coma o ano pasado, a convocatoria, para o alumnado do IES Poeta Díaz Castro, do concurso de carteis sobre a torta. Estes carteis foron a base para a creación de marcapáxinas, agasallo do Concello aos compradores da sobremesa. Na elaboración dos marcapáxinas participou o alumnado da aula CEMIT e os usuarios do Centro de Día. Aquí están os froitos!

   

      


    


sábado, 30 de maio de 2026

Correlingua 2026


 Correlingua 2026

Un ano máis as e os “poetas” participamos nunha nova edición do Correlingua. Coma sempre visitamos e percorremos a milenaria muralla de Lugo e cantamos e bailamos festexando a nosa lingua, pois como reza o lema deste ano: “Co galego no corazón, facemos revolución”.


                              

                                                  




domingo, 24 de maio de 2026

Descubrindo a Begoña Caamaño


 Descubrindo a Begoña Caamaño

Celebramos as Letras, coñecemos pasado e forxamos futuro da man da autora homenaxeada este ano 2026 co Día das Letras Galegas. Guiadas polos cartaces fixemos unha viaxe polo percorrido vital de Begoña Caamaño e pola súa obra, que coñecemos un pouco mellor mergullándonos en diferentes publicacións que atopamos pola rede. 



Roteiro literario Aire negro, Terra Chá


 Roteiro literario
Aire negro, Terra Chá

Este ano, despois de lermos a obra de Agustín Fernández Paz nas aulas, tivemos o privilexio de sermos convidados a facer o roteiro literario que desenvolve o profesorado e alumnado do IES Basanta Silva. Descubrimos onde se agocha a Gran Besta e os lugares misteriosos e fascinantes que Laura, a protagonista, percorreu pola Chaira. Grazas polo convite, un pracer!



       
                                                                                                

xoves, 30 de abril de 2026

Visita ao Museo Pepe de Pígara

 Visita ao Museo Pepe de Pígara

A finais da segunda avaliación o alumnado de 1ºESO visitou o Museo Pepe de Pígara, en Guitiriz. Este día de convivencia serviu para que a rapazada puidese coñecer de primeira man o noso pasado e practicar algúns xogos da infancia de antano. Ademais, colaboramos facendo a tradución á nosa lingua do tríptico informativo do Museo. Xuntos facemos comunidade!

Grazas por todo, Pepe!

        
    





luns, 20 de abril de 2026

Autores guitiricenses

 Autores guitiricenses

O 17 de abril tivemos unha visita moi especial no IES, a de Alfonso Blanco Torrado e Manuel Castro Santamariña, ambos vencellados á Asociación Cultural Xermolos desde o seu nacemento aló polo ano 1977. Faláronnos de toponimia e lendas próximas e da última novela de Manuel Castro, A noite que se foi a luz, publicada en 2025 e que o noso alumnado de 4ºESO tivo o pracer de ler. 

Agradecidos e agardando por un novo encontro!


 







venres, 10 de abril de 2026

Facemos comunidade!

Facemos comunidade!

O noso alumnado esparexeu a literatura de diferentes formas e por diferentes puntos do concello, entre eles os colexios, a onde levou a lectura e a escrita; ou a Biblioteca Municipal, onde a rapazada participou activamente na creación de textos para diversos concursos literarios: “O paraugas da fala”, “Tes un conto...” e aquí vemos algúns deses froitos da colaboración. Xuntos facemos comunidade!

      



Froitos da colaboración!

 Froitos da colaboración! IX Festa da Torta de Millo O primeiro domingo do mes de xuño celebrouse a IX edición da Festa da Torta de Millo de...