O
IES Poeta Díaz Castro participou na presentación da VIII Festa da Torta de Millo
organizada polo Concello de Guitiriz. As alumnas Jara Pombo, Aroa Vázquez e
Lorena Gómez tiveron protagonismo no acto que acolleu onte a Casa Habanera,
como gañadoras do concurso de deseño de cartelería convocado para a celebración
gastronómica do vindeiro domingo 1 de xuño.
Orixinalidade
e creatividade combináronse non só nos traballos de Jara (2º ESO), Aroa (1º) e
Lorena (3º) para exaltar a protagonista, a torta de millo, senón tamén nos máis
de trinta debuxos presentados por estudantado do centro.
Xunto
a esta colaboración, a Festa tamén contará con chaveiros conmemorativos como
agasallos para o público, froito do deseño doutro alumno do Díaz Castro, Aitor
García (2º ESO).
Ao
longo deste curso e como contribución á exaltación da festa, o noso alumnado
tamén estivo traballando na recollida de datos históricos, evolución,
tradicións, curiosidades e lendas sobre este saboroso doce. Todas estas
descubertas daranse a coñecer o 1 de xuño dentro da programación de actividades
da celebración, así como outras colaboracións como as entrevistas a produtores
artesáns, realizadas dende os CEIP Lagostelle de Guitiriz e Santo Estevo de Parga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario