sábado, 28 de maio de 2022

Skam en Guitiriz

O 18 de maio, durante a semana das Letras Galegas, recibimos a visita da creadora de contido dixital en galego Malva (@todomal.va), nunha actividade titulada "Skam en Guitiriz". Partindo da súa experiencia como galegofalante e neofalante, Malva transitou por conceptos como o autoodio ou a necesidade de atoparmos referentes na nosa lingua para normalizala. Falamos de música, series, contas de tik tok, youtubeir@s... E preguntámonos, do mesmo xeito que a serie noruega Skam, que temáticas e formatos nos gustaría ver e consumir en lingua galega. Porque todo pode estar en galego, no aquí e no agora... E se non existe, creámolo! Grazas por vir subirnos a autoestima lingüística, Malva! Queres saber máis dela? Visita esta páxina

quinta-feira, 19 de maio de 2022

Hai lingua despois do 17 de maio

Mensaxe da nosa querida profe Alba María: "Aquí vai o tema do 18 de maio, o día despois do Día das Letras Galegas, onde o galego segue existindo. Para todes vós, falantes, e en especial para o profesorado e alumnado de Lingua e Literatura Galegas". ENTRA AQUÍ!

terça-feira, 17 de maio de 2022

FALAR ESTA FALA

Neste Día das Letras Galegas 2022, o alumnado de 1º da ESO do IES Poeta Díaz Castro ten unha mensaxe para todas e todos vós!

sexta-feira, 13 de maio de 2022

AS LETRAS DE FLORENCIO VEÑEN CARGADAS DE ACTIVIDADES

Aproxímase o día das nosas Letras e no IES andamos a tope creando e -por que non- recreándonos! Quen anda por aquí xa sabe que isto non o facemos só o Día das Letras... De momento deixámosvos o adianto do que temos para estes días; os resultados gráficos irédelos vendo nos próximos días -xs que non teñades a sorte de vivilo en 1ª persoa :D

Skam en Guitiriz

O 18 de maio, durante a semana das Letras Galegas, recibimos a visita da creadora de contido dixital en galego Malva (@todomal.va), nunha ac...