Aquí vos deixamos a súa interpretación:
luns, 31 de marzo de 2025
Mencía Rodríguez, recoñecida coa Mención de Honra no concurso "Rosalía sempre Viva"
A nosa alumna Mencía Rodríguez, de 4º ESO, foi recoñecida coa Mención de Honra no concurso de recitado "Rosalía sempre Viva", que acolleu a Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei o pasado 22 de marzo.
Mencía púxolle voz ao poema "A gaita gallega", de Rosalía de Castro.
Cando as palabras emocionan
As palabras teñen un poder infinito, chegan ao corazón, e así o demostraron o pasado 22 de marzo os nosos estudantes Mencía Rodríguez, de 4º ESO, e Darío López, de 1º BAC, no concurso de recitado "Rosalía sempre Viva" de Outeiro de Rei. Para o evento, acollido na Casa-Museo Manuel María, Mencía escolleu "A gaita gallega", de Rosalía de Castro, poema co que foi recoñecida con Mención de Honra, e Darío recitou "A auga é inocente", de Manuel María.
Mencía e Darío participaron na quenda de tarde entre unha trintena de estudantes de Secundaria chegados dende diferentes puntos das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra. Xunto ao apoio de familiares, o alumnado do IES Poeta Díaz Castro tamén estivo arroupado polas profesoras Susana López e Eva Teixeiro, dos departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá, respectivamente. Pola mañá, as voces de Primaria foron as protagonistas.
venres, 13 de decembro de 2024
Presentación do libro O pracer da chuvia, de Manuel Vázquez
O 9 de decembro visitounos Manuel Vázquez para falarnos da súa novela O pracer da chuvia, unha obra na que reivindica o mundo da aldea e do rural como cerna das nosas raíces, mais que tamén ten carácter urbano representado por diferentes cidades, entre elas Lugo ou Lisboa.
O alumnado de 1º de bacharelato e de FPBásica puido coñecer de primeira man cales foron as inquedanzas que levaron o autor a escribir un libro co que moitos se sentiron identificados.
sábado, 28 de maio de 2022
Skam en Guitiriz
O 18 de maio, durante a semana das Letras Galegas, recibimos a visita da creadora de contido dixital en galego Malva (@todomal.va), nunha actividade titulada "Skam en Guitiriz". Partindo da súa experiencia como galegofalante e neofalante, Malva transitou por conceptos como o autoodio ou a necesidade de atoparmos referentes na nosa lingua para normalizala. Falamos de música, series, contas de tik tok, youtubeir@s... E preguntámonos, do mesmo xeito que a serie noruega Skam, que temáticas e formatos nos gustaría ver e consumir en lingua galega. Porque todo pode estar en galego, no aquí e no agora... E se non existe, creámolo!
Grazas por vir subirnos a autoestima lingüística, Malva!
Queres saber máis dela? Visita esta páxina
xoves, 19 de maio de 2022
Hai lingua despois do 17 de maio
Mensaxe da nosa querida profe Alba María: "Aquí vai o tema do 18 de maio, o día despois do Día das Letras Galegas, onde o galego segue existindo. Para todes vós, falantes, e en especial para o profesorado e alumnado de Lingua e Literatura Galegas".
ENTRA AQUÍ!
martes, 17 de maio de 2022
FALAR ESTA FALA
Neste Día das Letras Galegas 2022, o alumnado de 1º da ESO do IES Poeta Díaz Castro ten unha mensaxe para todas e todos vós!
venres, 13 de maio de 2022
AS LETRAS DE FLORENCIO VEÑEN CARGADAS DE ACTIVIDADES
Aproxímase o día das nosas Letras e no IES andamos a tope creando e -por que non- recreándonos! Quen anda por aquí xa sabe que isto non o facemos só o Día das Letras... De momento deixámosvos o adianto do que temos para estes días; os resultados gráficos irédelos vendo nos próximos días -xs que non teñades a sorte de vivilo en 1ª persoa :D
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
ESCRITORES GUITIRICENSES
No día de onte visitounos o profesor e escritor Xosé Lorenzo Tomé. O autor guitiricense, que exerceu a súa profesión, entre outros lugares...

-
A nosa alumna Mencía Rodríguez, de 4º ESO, foi recoñecida coa Mención de Honra no concurso de recitado "Rosalía sempre Viva", que ...
-
As palabras teñen un poder infinito, chegan ao corazón, e así o demostraron o pasado 22 de marzo os nosos estudantes Mencía Rodríguez, de 4º...
-
O IES Poeta Díaz Castro participou na presentación da VIII Festa da Torta de Millo organizada polo Concello de Guitiriz. As alumnas Jara P...