No día de onte visitounos o profesor e escritor Xosé Lorenzo Tomé. O autor guitiricense, que exerceu a súa profesión, entre outros lugares, neste IES, volveu á que tamén é a súa casa, para manter un encontro coa rapazada de 2º de ESO e falar de obras como A cidade branca ou Bergan, das súas orixes, lendas ou toponimia, fomentando así un maior interese do alumnado polas súas raíces e pola contorna máis próxima.
A charla, dinámica, agradable e distendida, percorreu os lugares máis próximos nos que se desenvolven as novelas e que esconden misterios, tesouros e outros segredos.
Moitas grazas, profesor!