Hoxe a rapazada do IES puido visualizar unha realidade moi presente na nosa sociedade, a da violencia machista, a través da charla:
“Verdades e bulos na loita contra as violencias machistas”.
O relatorio estivo a cargo das maxistradas:
• Dalila Dopazo Blanco, Maxistrada do Xulgado do Social Nº3 de Lugo
• Luís Villares Naveira, Maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG
• Sandra Piñeiro Vilas, Maxistrada do Xulgado de Instrución Nº2 de Lugo
O alumnado tivo a posibilidade de interaccionar cos relatores e manifestar diferentes inquedanzas sobre un tema que segue a ser noticia día tras día, sen que sexamos capaces, como sociedade, de lle pór freo. Confiamos en que os coñecementos adquiridos hoxe sirvan para construír cidadás e cidadáns máis xustos e máis libres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario