sábado, 28 de febreiro de 2026

Visita a Santiago de Compostela e a Padrón

 Visita a Santiago de Compostela e a Padrón

Este ano o alumnado de 4º ESO e 1º BAC fixo unha visita cultural a Santiago de Compostela e a Padrón da man dos Departamentos de Xeografía e Historia, Galego e o EDLG. Na capital galega visitaron a catedral (tellados incluídos) e o Parlamento de Galicia. En Padrón coñeceron un pouquiño máis a vida e obra da nosa estrela literaria Rosalía de Castro na visita guiada e na actividade de escape room que desenvolveron. 

  

                                                                                                            
                     


venres, 27 de febreiro de 2026

Arredor da nosa toponimia

Arredor da nosa toponimia

Achegámonos á nosa realidade a través da toponimia máis próxima. Fixémolo da man de Vicente Feijoo, coordinador da revisión do nomenclátor, quen, dun xeito ameno e didáctico, nos falou dos nomes dos nosas aldeas, parroquias..., da súa relación coa contorna e doutros aspectos relacionados cos nomes de lugar. Agora tócanos a nós axudar a seguir recuperando a nosa identidade.




         




Correlingua 2026

  Correlingua 2026 Un ano máis as e os “poetas” participamos nunha nova edición do Correlingua. Coma sempre visitamos e percorremos a milena...