xoves, 30 de abril de 2026

Visita ao Museo Pepe de Pígara

 Visita ao Museo Pepe de Pígara

A finais da segunda avaliación o alumnado de 1ºESO visitou o Museo Pepe de Pígara, en Guitiriz. Este día de convivencia serviu para que a rapazada puidese coñecer de primeira man o noso pasado e practicar algúns xogos da infancia de antano. Ademais, colaboramos facendo a tradución á nosa lingua do tríptico informativo do Museo. Xuntos facemos comunidade!

Grazas por todo, Pepe!

        
    





luns, 20 de abril de 2026

Autores guitiricenses

 Autores guitiricenses

O 17 de abril tivemos unha visita moi especial no IES, a de Alfonso Blanco Torrado e Manuel Castro Santamariña, ambos vencellados á Asociación Cultural Xermolos desde o seu nacemento aló polo ano 1977. Faláronnos de toponimia e lendas próximas e da última novela de Manuel Castro, A noite que se foi a luz, publicada en 2025 e que o noso alumnado de 4ºESO tivo o pracer de ler. 

Agradecidos e agardando por un novo encontro!


 







venres, 10 de abril de 2026

Facemos comunidade!

Facemos comunidade!

O noso alumnado esparexeu a literatura de diferentes formas e por diferentes puntos do concello, entre eles os colexios, a onde levou a lectura e a escrita; ou a Biblioteca Municipal, onde a rapazada participou activamente na creación de textos para diversos concursos literarios: “O paraugas da fala”, “Tes un conto...” e aquí vemos algúns deses froitos da colaboración. Xuntos facemos comunidade!

      



Froitos da colaboración!

 Froitos da colaboración! IX Festa da Torta de Millo O primeiro domingo do mes de xuño celebrouse a IX edición da Festa da Torta de Millo de...