Froitos da colaboración! IX Festa da Torta de Millo
O primeiro domingo do mes de xuño celebrouse a IX edición da Festa da Torta de Millo de Guitiriz.
Un ano máis, a colaboración entre a Biblioteca municipal e os centros de ensino do concello guitiricense fíxose palpable a través de diversidade de actividades, entre elas, e coma o ano pasado, a convocatoria, para o alumnado do IES Poeta Díaz Castro, do concurso de carteis sobre a torta. Estes carteis foron a base para a creación de marcapáxinas, agasallo do Concello aos compradores da sobremesa. Na elaboración dos marcapáxinas participou o alumnado da aula CEMIT e os usuarios do Centro de Día. Aquí están os froitos!



