martes, 15 de marzo de 2022
O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN
O día 4 de marzo tivemos a sorte de contar no noso IES coa presenza de Pablo Prado,ilustrador e humorista gráfico.
O alumnado de 4º leu o seu libro O derradeiro libro de Emma Olsen, unha adaptación en banda deseñada da novela que leva o mesmo nome, da autora Berta Dávila. Pablo contoulles como foi o proceso de adaptación da novela de Berta ao formato de banda deseñada. Todo un descubrimento para nós, a cantidade de traballo que hai por detrás.Tamén nos falou un pouco do ámbito profesional nesta disciplina, moi interesante e esclarecedor sobre todo para abrir portas ao alumnado por esta vía, aínda pouco explorada pola rapazada como saída profesional.
Todo un orgullo para nós e para as nosas letras, polo seu compromiso coa nosa lingua e a calidade dos seus traballos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
ESCRITORES GUITIRICENSES
No día de onte visitounos o profesor e escritor Xosé Lorenzo Tomé. O autor guitiricense, que exerceu a súa profesión, entre outros lugares...

-
A nosa alumna Mencía Rodríguez, de 4º ESO, foi recoñecida coa Mención de Honra no concurso de recitado "Rosalía sempre Viva", que ...
-
As palabras teñen un poder infinito, chegan ao corazón, e así o demostraron o pasado 22 de marzo os nosos estudantes Mencía Rodríguez, de 4º...
-
O IES Poeta Díaz Castro participou na presentación da VIII Festa da Torta de Millo organizada polo Concello de Guitiriz. As alumnas Jara P...
Ningún comentario:
Publicar un comentario