Un ano máis desde o IES Poeta Díaz Castro asistimos á cita anual do Correlingua. Desta volta foi o alumnado de 2º de ESO o que, en nome do IES Poeta Díaz Castro, visitou Lugo, realizou a andaina e cantou a prol da lingua acompañando a outros moitos centros da contorna luguesa.
Despois de percorrer a Muralla, puidemos gozar do concerto da Mekánica Rolling Band que poñía o broche a unha xornada lúdica e festiva que destaca, ano tras ano, o ben que mellor nos define e que nos fai únicos no medio da valiosa e marabillosa diversidade que son as linguas, o galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario